top of page

BAIXO O FOCO

A última invasión
a Galicia

Asasínanas, caen mortas ante nós. Mentres nós seguimos a preguntarnos:
onde están as abellas?

Juan Aceiro e Gabriel Fuentes

vespa.jpg

             hegaron, arrasaron e quedaron. Igual que unha tribo                   bárbara que descobre as costas verdes dun país cheo
             de tesouros e recursos. Tiñan mellor armamento, eran máis grandes e a súa fame era voraz. Os seus exércitos eran hordas de veloces xigantes cunha apetencia pola carne endexamais vista na terra. Colleron as nativas unha a unha ata que foron acabando con cada pequena colonia que atopaban ó seu paso, despezando os corpos para quedar co ventre, o alimento das súas cativas.

Comezaron asentándose lentamente. As cifras dos bombeiros de Santiago falan por si soas: tres niños de velutina en 2015, 160 en 2016, case un milleiro en 2017 e preto de superar a cifra este 2018. Todo isto en Santiago de Compostela, unha cidade, a capital de Galicia. Antes mataban as aldeas, mais hoxe están nos núcleos poboacionais máis grandes do país. Non hai escusas urbanitas carentes de sensibilidade. No noso ar estase a librar unha dura contenda entre as abellas que fan medrar os pastos verdegaios e as avespas asasinas, mais nós, responsables de tal fatídica invasión, demos as costas ás nosas. Agora poida que sexa demasiado tarde.

C

Clica nun concello para fxar o mapa e saber os niños de velutina achados

Proporción de abellas
na dieta da velutina

ABELLAAA.png
ABELLAAA.png

65

%

Unha invasión fugaz

A maioría dos expertos apuntan que as velutinas chegaron por erro no 2012 nun cargamento que entrou pola Mariña. Igual que pasou en Francia, a avespa asiática non tardou en atopar no clima atlántico un entorno perfecto onde quedarse. As estacións son suaves, as temperaturas agradables e o mellor: hai moitas présas fáciles.

A alimentación das crías de velutinas susténtase nun enorme aporte proteico, polo que as nespras adultas cazan grandes cantidades de insectos para alimentar as súas larvas. Calcúlase que de media, un niño de avespa asiática pode consumir a brutal cantidade de medio quilo de insectos diario. O 65% dos cadáveres, son abellas.

Sen armas para protexerse, as abellas autóctonas non teñen ningunha opción contra unhas rivais grandes, fortes e intelixentes. As medidas desesperadas dos apicultores, como os velenos ou os insecticidas, están a acadar uns resultados paupérrimos nesta loita. Todo en detrimento dun grave dano ó noso ecosistema e a outras especies animais que caen vítimas de sistemas non discriminatorios.

Danos irreversibles

PERDAS DE MEL

30

%

Alén do dano provocado polas medidas pouco efectivas que os apicultores viñeron empregando os últimos cinco anos, os impactos medioambientais máis catastróficos están nos desequilibrios ecolóxicos. A falta de abellas pon en risco unha flora rica e abondosa ó condicionar a polinización, tan necesaria despois dos graves incendios.

Coa morte do primeiro elo, a cadea trófica vai rompendo pouco a pouco até que nin flora nin fauna poidan sobrevivir. Agás as especies invasoras. Entre elas, as avespas velutinas.

No outro bando, están os danos produtivos. A Asociación Galega da Apicultura reporta unha baixada da produción do mel dun 30% no 2018 porque as súas colmeas sofren constantemente as fortes invasións da asiática.

 

Declara doído Suso Asorey, presidente da asociación, que a dimensión dos gastos non é sinxela de avaliar. "Non é só a mortalidade das colmeas, que pode estar entre o vinte e o trinta por cento; ou a caída da produción de mel, tamén nesa orde. Hai que engadir trampas, líquidos atractivos, xornadas de formación, cursos, novas colmeas... Os apicultores están sufrindo perdas económicas que non son avaliadas", di con preocupación.

 

Os apicultores buscan salvar a súa forma de vida, as súas compañeiras, pero non atopan un método que poida acabar coa velutina.

 

E é que na actualidade non existe.

Unha saída única

Non puidemos frealas ou non quixemos? Cremos de verdade na importancia do noso ecosistema ou a terra só importa cando é para explotala ou encher a boca falando dela?

Nos últimos estudos levados a cabo  polas universidades galegas en colaboración cos apicultores, descubriuse que as arpas eléctricas son o método máis efectivo na loita contra a velutina (cun 70% de efectividade na discriminación de vítimas). Porén, segue a ser un remedio temporal e paliativo.

No Museo de Historia Natural, dirixido polo biólogo experto no campo Marcos Fernández, albiscan unha vía para reducir o volume de invasoras. “Buscamos a síntese dunha feromona que dea atraído ás raíñas de velutina e así conseguir acabar coa raíz dos grandes enxamios”, di Fernández. Mais sen financiamento e axuda institucional, esa que faltou ó longo destes últimos anos de silencio no que o problema ía xestándose, non vai ser posible acadar a solución definitiva.

E aínda que os lamentos e os reproches non cómpren, a vista atrás sempre axuda a gañar a perspectiva necesaria para a análise dos problemas. Non puidemos frealas ou non quixemos? Cremos de verdade na importancia do noso ecosistema ou a terra só importa cando é para explotala ou encher a boca falando dela? Quizabes preferimos calar as respostas porque guindar lama a quen ten a culpa (mais quen segue a ter o poder de mudar as cousas) é perder folgos e tempo.

 

É o momento de cavilar e traballar polo ben común e desfacerse das invasoras. Hai que deter a última invasión a Galicia, non porque sexa a derradeira; senón porque pode ser a última vez dunha Galicia coñecida.

Proxecto desenvolvido por
Gabriel Fuentes Míguez

Un medio dixital que só fala do que nos preocupa en Pazos de Borbén, o noso lar​, 

bottom of page